Quen somos?
Instituto Interculturas nace no ano 2012 como unha institución educativa privada dirixida ao ensino de linguas. Desde entón pasaron polas nosas aulas máis de 8.000 alumnos de distintas nacionalidades en distintos puntos de España, grazas á colaboración con diversas institucións educativas de longa traxectoria no noso país.
O equipo pedagóxico de Instituto Interculturas estivo sempre conformado por profesorado nativo dun grande número de nacionalidades xerando unha contorna multicultural idónea para aplicar un enfoque global do ensino de idiomas. No 2017 iníciase o proceso de desenvolvemento dun software para o ensino de idiomas que inclúe un Campus Virtual así como unha nube de contidos educativos.
Este software presenta a súa primeira versión a finais do ano 2021 grazas a un desenvolvemento punteiro realizado en colaboración co CITIC (Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación, centro adscrito á Facultade de Informática da Universidade da Coruña).
Así nace lemsi que é unha plataforma dixital para o ensino en liña de idiomas.