Nenos e mozos

O noso método está baseado na interacción continua e a participación dos alumnos, centrándonos en construír a fonética e a pronuncia básica do idioma, e enfocada ás 4 habilidades básicas do idioma: comprensión, escritura, fala e lectura.

Clases divertidas, dinámicas e entretidas para que os estudantes aprenden o idioma dunha forma máis activa e intuitiva.

Xeralmente non se utiliza libro nin fichas para encher; a aprendizaxe realízase a través do xogo e da interacción.

Os estudantes realizan actividades interactivas e audiovisuais, role play, xogos, cancións, debates, exposicións… Desta forma os estudantes aprenden dunha forma natural, espertando a curiosidade neles.

Os nosos niveis están adaptados aos niveis de Cambridge, á vez que van destinados á preparación de exames oficiais desde idades moi temperás.

Adultos

O noso método está baseado na interacción continua e a participación dos alumnos. A aprendizaxe enfócase cara ás 4 habilidades básicas do idioma: comprensión, escritura, fala e lectura.

Todos os cursos céntranse en construír a fonética e a pronuncia básica do idioma, así como crear unhas sólidas bases de gramática, e fomentar dunha maneira especial a expresión oral e escrita.